ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

sábado, 25 de noviembre de 2017

Samaín e Magosto

Un ano máis levamos a cabo no cole dous festas tradicionais galegas: o Samaín e o Magosto. Deixámosvos os seguintes enlaces para que podades ver o ben que o pasaron @s alumn@s na escola!!

https://drive.google.com/file/d/0B5JOMIDT3G3oWVNydk1lSXNwODA/view

https://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d152829175k6936466o2l1/magosto-ceip-illas-ces-2017


PROXECTO: TRADICIÓNS

Este ano estamos a traballar na escola un novo proxecto: Tradicións. Por iso, o primeiro que fixemos foi asignar a cada curso unha festa tradicional galega coa finalidade de que investiguen sobre ela e facer un pequeno traballo que será exposto no Recuncho do Galego. Tamén terán que decorar o noso mural da entrada con algún obxecto representativo da súa festa. Así, por exemplo, @s alumnos de 6º traballaron a vendimia, @s de 5º Samaín e 4º o Magosto. Un gran traballo que nos serve ao resto dos cursos para aprender sobre as nosas tradicións galegas!!!

Mural da entrada do colexio


@s alumn@s de 6º traballaron a vendimia



@s alumn@s de 5º tiveron que investigar sobre o Samaín






O alumnado de 4º fixo estes traballos sobre o Magosto








 


























martes, 4 de abril de 2017

DÍA DA ÁRBORE 2017

Este ano decidimos explorar as árbores da ribeira, xa que estamos a traballar os ríos na escola. Queremos agradecer a cantidade de exemplos e traballos que trouxechedes e que nos serviron para crear un gran mural e aprender as árbores que temos na nosa contorna. A continuación, podedes ver todo o traballo que realizamos!!

viernes, 28 de octubre de 2016

Samaín Terrorífico 2016!!

Xa chegou o Samaín ao cole!! Esta semana todos os cursos estivemos decorando o corredor con morcegos, pantasmas, monstros, cabazas, castelos terroríficos...Queredes velo? Pero antes queremos felicitar a todas as familias polo magnífico traballo realizado na decoración das cabazas!!A continuación, podedes ver verdadeiras obras de arte!!

lunes, 26 de septiembre de 2016

BENVID@S!COMEZAMOS O CURSO 2016-2017!!

Benvid@s!! Un ano máis comezamos un novo curso no Ceip Illas Cíes. Por iso, a mellor maneira de empezar é cantando e bailando a canción do grupo Brinca Vai.. "Meu o mundo é". Deixámosvos a letra da canción e o vídeo para aprendela!

martes, 24 de mayo de 2016

NIÑO DE ROLA TURCA na oliveira do cole

Un ano máis unha rola turca elexiu a nosa oliveira do cole para facer o seu niño. Puxo dous ovos e naceron dous pichóns.
Xosé, o conserxe, conseguiu facer este video tan chulo. A rola turca é de tamaño medio, ten unha lonxitude media de pico a cola de 32 cm, o seu peso é de 125 a 240 g. O seu plumaxe en xeral é de cor beige grisáceo, con certo matiz rosado na cabeza e o peito. Caracterízase por unha lista negra ribeteada de branco que rodea o pescozoa modo de collar. As patas son cortas e de cor vermello, e o seu pico negruzco. O macho e a femia parécense moito na súa aparencia. Añina case sempre en árbores, ás veces en edificios. O niño é unha plataforma tosca de poliñas, nalgunhas ocasiones tapizadas con material vexetal máis suave. Casi todos os seus niños atópanse a menos dun kilómetro dos edificios habitados por humanos. A femia pon dous ovos en días seguidos. A femia os incuba durante a noite e o macho durante o día. A incubación dura entre 14 e 18 días, os pichóns deixan o niño 21 días tras a eclosión. http://obiologoamador.blogspot.com.es/2011/05/rola-turca-streptopelia-decaocto.html