ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

viernes, 28 de octubre de 2016

Samaín Terrorífico 2016!!

Xa chegou o Samaín ao cole!! Esta semana todos os cursos estivemos decorando o corredor con morcegos, pantasmas, monstros, cabazas, castelos terroríficos...Queredes velo? Pero antes queremos felicitar a todas as familias polo magnífico traballo realizado na decoración das cabazas!!A continuación, podedes ver verdadeiras obras de arte!!

lunes, 26 de septiembre de 2016

BENVID@S!COMEZAMOS O CURSO 2016-2017!!

Benvid@s!! Un ano máis comezamos un novo curso no Ceip Illas Cíes. Por iso, a mellor maneira de empezar é cantando e bailando a canción do grupo Brinca Vai.. "Meu o mundo é". Deixámosvos a letra da canción e o vídeo para aprendela!

martes, 24 de mayo de 2016

NIÑO DE ROLA TURCA na oliveira do cole

Un ano máis unha rola turca elexiu a nosa oliveira do cole para facer o seu niño. Puxo dous ovos e naceron dous pichóns.
Xosé, o conserxe, conseguiu facer este video tan chulo. A rola turca é de tamaño medio, ten unha lonxitude media de pico a cola de 32 cm, o seu peso é de 125 a 240 g. O seu plumaxe en xeral é de cor beige grisáceo, con certo matiz rosado na cabeza e o peito. Caracterízase por unha lista negra ribeteada de branco que rodea o pescozoa modo de collar. As patas son cortas e de cor vermello, e o seu pico negruzco. O macho e a femia parécense moito na súa aparencia. Añina case sempre en árbores, ás veces en edificios. O niño é unha plataforma tosca de poliñas, nalgunhas ocasiones tapizadas con material vexetal máis suave. Casi todos os seus niños atópanse a menos dun kilómetro dos edificios habitados por humanos. A femia pon dous ovos en días seguidos. A femia os incuba durante a noite e o macho durante o día. A incubación dura entre 14 e 18 días, os pichóns deixan o niño 21 días tras a eclosión. http://obiologoamador.blogspot.com.es/2011/05/rola-turca-streptopelia-decaocto.html

martes, 17 de mayo de 2016

EU SON DE OUTEIRO DE REI

Marko, de 3º curso aprendeu esta poesía de Manuel María para recitala no Festival das Letras Galegas.

17 de maio. LETRAS GALEGAS 2016

No recuncho do galego foron aparecendo diversas actividades. Na semana das Letras Galegas cada curso preparou algún traballino arredor de manuel María.

miércoles, 2 de marzo de 2016

CARACOL, Os soños na gaiola. MANUEL MARÍA

Margarita Viso Soto, pon música o poema Caracol de Manuel María. É membro da A Asociación Galega de Compositores, AGC, que integra a compositores e compositoras nados en Galicia ou residentes nela. Esta asociación sen ánimo de lucro ten como obxectivo defender os intereses grupais dos compositores galegos ou residentes en Galicia e aqueles aspectos da nosa cultura musical que repercutan no desenvolvemento da súa traxectoria, así como manter a memoria dos compositores históricos de Galicia, de quen son continuadores.

martes, 2 de febrero de 2016