ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

martes, 5 de febrero de 2013

entroido


ENTROIDO GALEGO 

 ESTE CURSO OS ALUMNOS DE 5º PRIMARIA FIXERON UN TRABALLO SOBRE O ENTROIDO GALEGO.NA AULA DE PLÁSTICA FIXERON AS CARAUTAS DO BOTEIRO, DO MERDEIRO E DO PELIQUEIRO E NA CLASE FIXERON UNS CARTEIS COA INFORMACIÓN DE CADA UN DELES.

BOTEIRO ( VIANA DO BOLO)

PELIQUEIRO ( LAZA)

MERDEIRO (VIGO)

lunes, 4 de febrero de 2013

RRRECICLARTE EN FAMILIA




Unha das actividades dentro do Proxecto de centro  é o chamado RRReciclArte en FAMILIA.
Trátase de involucrar as familias do noso proxecto  participando na elaboración de diferentes obxectos, según na festividade na que estemos, Samaín, Nadal, Entroido etc....
Aquí tedes algun exemplo de cousas feitas polos nenos e as súas familias.

viernes, 1 de febrero de 2013

ACTIVIDADE DE PAPEL RECICLADO


Os nenos de 6º Infantil levamos a cabo unha actividade ofertada polo Concello de Vigo dun "Obradoiro de papel reciclado", relacionado co noso proxecto de centro deste curso. Pasámolo moi ben aprendendo a facer papel reciclado



INTERCAMBIO DE CORREO CON OUTROS COLES

Este ano dende o equipo de Dinamización Lingüística propuxemos levar a cabo unha nova actividade. 
Trátase de manter comunicación con outros colexios, vía postal e correo electrónico.Os centros cos que mantemos esa comunicación son:

-  6º Infantil co CEIP IGREXA CHAPELA
-  2º Primaria co CEP Mestres Goldar en Vigo
-  3º e 4º Primaria co CEP Santa Tegra en Vigo
-  5º Primaria co CEIP Mosteiro-Bembrive en Vigo

Aquí tedes algunha foto dese intercambio:




CELEBRACIÓN DO ENTROIDO


Xa estamos peparando o Entroido. Este ano seguindo o noso Proxecto de Centro imos disfrazarnos de "Farrapeiros", aproveitando as cousas que temos pola casa.
Os de Infantil van de hippies, os do 1º Ciclo de Velliños, os do 2º Ciclo de Noivos e os do 3º Ciclo de Paiasos.

Para ir coñecendo o tema de Entroido podedes xogar con este LIM que explica o Entroido en Galicia.


          http://centros.edu.xunta.es/ceipopombal/actividades_lim/entroido/entroido.html


O NOSO RECUNCHO DO GALEGO

No colexio temos unha zoa chamada " Recuncho do Galego" onde publicamos os traballos feitos polos nenos das diferentes actividades que levamos a cabo e as novas que van surxindo.