ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

domingo, 18 de febrero de 2018

Tradicións mes de febreiro


Seguimos coas nosas tradicións e os alumn@s de 1º de Primaria traballaron a festividade e tradición de San Blas que se celebra no mes de Febreiro. Decoraron a súa porta coas típicas cuncas de viño!!



 Daniel trouxo unha cunca de viño de San Blas para ensinar aos seus compañeiros. Sofía amosounos un pano que pasou pola figura de San Blas e contounos que lhai que pasalo pola gorxa para non poñernos malos. Moitas grazas!!


Neste de mes de febreiro tamén temos unha gran tradición galega: o Entroido. O alumnado de 5 anos foi o encargado de decorar a súa porta e amosarnos o que fixeron ao resto do cole. Un traballo xenial!!


O noso mural da entrada vai acollendo máis tradicións a medida que van pasando os meses:




sábado, 3 de febrero de 2018

Cigarrón e Pantalla

O venres 2 de febreiro tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial: o tío de Valeria, Martín. E por que foi tan especial? Porque nos trouxo o seu traxe de cigarrón e puidemos coñecer todas as características deste traxe tan tradicional: canto custa, o seu peso, as cores das ligas, o porqué dun animal na máscara, o número de borlas cosidas que levan...Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita!!






Tamén, a profesora Karla, nos amosou o seu traxe de pantalla e puidemos observar as diferenzas entre ambos. Así coñecemos máis sobre as nosas tradicións!! Grazas profe!!



Ordes do Meco

E, por fin ,chega a festa máis esperada por todos: o Entroido!!Este ano temos unha serie de ordes de noso meco Crocus. Queredes saber como hai que vir ao cole cada día? Pois, lede os carteis feitos polo alumnado de 6º de Primaria e  mirade ben a Crocus que foi feito polo alumnado de 6º de Infantil!!Un gran traballo!!









A tradición da matanza

Seguimos coas nosas tradicións galegas!! O alumnado de 3º de Primaria buscou información e traballou a tradición da matanza do porco. Por iso, realizou estes traballos que amosamos a continuación: