ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.
domingo, 19 de mayo de 2019
Festival das Letras Galegas 2019
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso Festival das Letras Galegas 2019!!Tamén as fotografías dos gañadores do Certame do Vermiño!!Noraboa a toda a comunidade educativa por este gran festival!!
miércoles, 24 de abril de 2019
Teatro 4º de Primaria
Fai uns días, asistimos como público á marabillosa obra teatral "O emperador tangram Chuli", que representou o alumnado de 4º de Primaria, que narra a historia de como xurdiu o xogo do Tangram. Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta obra de teatro que tanto nos gustou. Moitos parabéns!!
martes, 5 de marzo de 2019
Día de Rosalía de Castro
Este ano decidimos festexar o día de Rosalía de Castro dunha maneira especial e diferente na escola. Cada un dos cursos do cole escribiu e decorou un verso dun dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes". Unha vez rematados os versos os pegamos na escaleira principal da escola. Así,cando subamos, poderemos ler este fermoso poema!
jueves, 21 de febrero de 2019
Ordes do Meco 2019
Comezamos a conta atrás para a semana do Entroido. A continuación, deixámosvos o noso cartel coas ordes do Meco!!
domingo, 3 de febrero de 2019
Así festexamos na nosa escola!
Aquí vos deixamos unha recompilación das diferentes celebracións que tivemos na escola dende que comezou este curso:
- Samaín:
https://illasciesartistica.blogspot.com/2018/11/no-samain-festival.html
- Magosto:
https://drive.google.com/file/d/1sql63jiOb1PtUcGUQg7yf43vcQNe3mCW/view
- Nadal:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipillascies/?q=node/1455
Terra e Mar: Proxecto de Vida
Este ano o noso proxecto da escola chámase: "Terra e Mar: Proxecto de Vida". Co cal as nosas actividades da escola xirarán arredor desta temática sendo conscientes da necesidade de protexer e conservar estes dous medios. Un das primeiras actividades que levamos a cabo e a realización dun gran mural na cortiza da entrada que, pouco a pouco, vai collendo forma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)