ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

sábado, 25 de abril de 2015

PAXAROS que se MOVEN polo noso COLE

No bicarelo do bico do vento
canta un paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo. 
          Uxío Novoneira

Este ano para celebrar o día da árbore, cada aula fixo un traballiño sobre algún dos paxaros que se moven polo noso cole.

Pica en cada un dos carteis se queres saber máis do paxaro.


PAPORROIBO                                                



                                          PARDAL


                                          POMBA

E... ¡SORPRESA! Mira que descubriu Xosé, o conserxe do cole...


 Unha cría de pomba torcaz. ¡Benvida a noso cole, pombiña!

Aí vai unha poesía para ela de Alvaro Cunqueiro.


No niño novo do vento
hai unha pomba dourada
meu amigo!
Quen poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo
Quen poidera namorala,
meu amigo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario