ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.
martes, 24 de mayo de 2016
NIÑO DE ROLA TURCA na oliveira do cole
Un ano máis unha rola turca elexiu a nosa oliveira do cole para facer o seu niño. Puxo dous ovos e naceron dous pichóns.
Xosé, o conserxe, conseguiu facer este video tan chulo.
A rola turca é de tamaño medio, ten unha lonxitude media de pico a cola de 32 cm, o seu peso é de 125 a 240 g. O seu plumaxe en xeral é de cor beige grisáceo, con certo matiz rosado na cabeza e o peito. Caracterízase por unha lista negra ribeteada de branco que rodea o pescozoa modo de collar. As patas son cortas e de cor vermello, e o seu pico negruzco. O macho e a femia parécense moito na súa aparencia.
Añina case sempre en árbores, ás veces en edificios. O niño é unha plataforma tosca de poliñas, nalgunhas ocasiones tapizadas con material vexetal máis suave. Casi todos os seus niños atópanse a menos dun kilómetro dos edificios habitados por humanos. A femia pon dous ovos en días seguidos. A femia os incuba durante a noite e o macho durante o día. A incubación dura entre 14 e 18 días, os pichóns deixan o niño 21 días tras a eclosión.
http://obiologoamador.blogspot.com.es/2011/05/rola-turca-streptopelia-decaocto.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario