ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

domingo, 10 de junio de 2018

Os Maios

Durante o mes de maio, unha das tradicións maís populares e a realización dos "Maios". O alumnado de tres anos foi o encargado de levar a cabo esta tradición. E a mellor maneira para aprender en que consiste un maio pois é realizalo. Así, primeiro fixeron a estrutura con cañas de bambú. Logo, o decoraron con flores e plantas (xestas, fiunchos, margaridas, fentos, rosas...)e, finalmente, cantaron unha copla realizada polo alumnado de 3º de Primaria.Tamén, con axuda de 3º de Primaria, adornamos O Maio con colares de margaridas e ata fixemos pulseiras!!Toda unha xornada vivencial para dar a coñecer esta fermosa tradición ao alumnado.















A Reconquista de Vigo

O alumnado de 4 anos durante o mes de marzo estivo realizando diversas actividades relacionadas coa Reconquista de Vigo. Mirade como decoraron  a porta da súa clase seguindo esta tradición viguesa!!


sábado, 2 de junio de 2018

Especial Galego: "O país sen nome"

O mércores 30 de xuño o alumnado de 4º de Primaria representou para toda a escola a obra de teatro "O país sen nome". Unha obra moi divertida e da que tod@s desfrutamos!!Noraboa a tod@s porque o fixeron xenial!!Aquí podedes ver algúns momentos da obra:







sábado, 19 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

Este ano a autora homenaxeada foi María Victoria Moreno. A continuación, podedes ver os diferentes traballos que realizou o noso alumnado sobre a vida e a obra desta autora:



                                        








E un ano máis desfrutamos do noso festival!!Cada un dos cursos cantou unha canción relacionada cunha parte do mundo. Todos o pasamos en grande e, coma sempre, noraboa a todo o alumnado e mención especial para o noso profe de música, Cándido.











Como colofón final deste festival, o equipo de Normalización fixo entrega, aos gañadores de cada curso, dos premios do certame literario "O Vermiño". Noraboa!!!:

                                             





viernes, 27 de abril de 2018

E seguimos cos xogos tradicionais!!

Esta semana seguimos cos nosos xogos tradicionais. Nesta ocasión, o noso alumnado xogou ao "pano" e ao "tres en raia". A continuación podedes ver o que gozan con estes xogos!!