ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.

domingo, 10 de junio de 2018

Os Maios

Durante o mes de maio, unha das tradicións maís populares e a realización dos "Maios". O alumnado de tres anos foi o encargado de levar a cabo esta tradición. E a mellor maneira para aprender en que consiste un maio pois é realizalo. Así, primeiro fixeron a estrutura con cañas de bambú. Logo, o decoraron con flores e plantas (xestas, fiunchos, margaridas, fentos, rosas...)e, finalmente, cantaron unha copla realizada polo alumnado de 3º de Primaria.Tamén, con axuda de 3º de Primaria, adornamos O Maio con colares de margaridas e ata fixemos pulseiras!!Toda unha xornada vivencial para dar a coñecer esta fermosa tradición ao alumnado.















No hay comentarios:

Publicar un comentario