Durante o mes de maio, unha das tradicións maís populares e a realización dos "Maios". O alumnado de tres anos foi o encargado de levar a cabo esta tradición. E a mellor maneira para aprender en que consiste un maio pois é realizalo. Así, primeiro fixeron a estrutura con cañas de bambú. Logo, o decoraron con flores e plantas (xestas, fiunchos, margaridas, fentos, rosas...)e, finalmente, cantaron unha copla realizada polo alumnado de 3º de Primaria.Tamén, con axuda de 3º de Primaria, adornamos O Maio con colares de margaridas e ata fixemos pulseiras!!Toda unha xornada vivencial para dar a coñecer esta fermosa tradición ao alumnado.
ESTE BLOG PRETENDE REFLECTIR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FAN NO NOSO CENTRO PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO.
domingo, 10 de junio de 2018
A Reconquista de Vigo
O alumnado de 4 anos durante o mes de marzo estivo realizando diversas actividades relacionadas coa Reconquista de Vigo. Mirade como decoraron a porta da súa clase seguindo esta tradición viguesa!!
sábado, 2 de junio de 2018
Especial Galego: "O país sen nome"
O mércores 30 de xuño o alumnado de 4º de Primaria representou para toda a escola a obra de teatro "O país sen nome". Unha obra moi divertida e da que tod@s desfrutamos!!Noraboa a tod@s porque o fixeron xenial!!Aquí podedes ver algúns momentos da obra:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)